Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (395/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Demanda 395/2009, seguido neste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 395/2009 seguidos por instancia de José María Ali Caruncho, representada polo seu letrado Sr. López Doval, contra a empresa Promociones y Construcciones Gerlomba, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera; versa a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por José María Ali Caruncho, representado polo seu letrado Sr. López Doval, contra a empresa Promociones y Construcciones Gerlomba, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 4.542,30 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria derivada do artigo 33 do ET. Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Promociones y Construcciones Gerlomba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial