Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de arquivamento da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-PF-231/2011).

Intentada a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de arquivamento da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla n.º 70, 27071 Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º expediente

NIF

Interesados

LU-PF-231/2011

76581597S

FD696283

Óscar López Rivero

Lianeide dos Santos Bueno