Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (558/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 558/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 558/2009 seguidos por instancia de Jaime Fernández Pérez, representado polo letrado Sr. Pérez López, contra Cubiertas y Fachadas Orzán, S.L., e Tecni Alcor, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, admitindo integramente a demanda formulada por Jaime Fernández Pérez, representado polo letrado Sr. Pérez López, contra Cubiertas y Fachadas Orzán, S.L., e Tecni Alcor, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 1.231,63 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Cubiertas y Fachadas Orzán, S.L., e Tecni Alcor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial