Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12328

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, do posto vacante de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria Novoa Santos de Ourense, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 23 de febreiro de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras