Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12009

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de marzo de 2012 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE número 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, establecendo no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

É obxecto desta orde regular os ficheiros de carácter persoal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 2. Contido.

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no artigo 54 do seu regulamento asociado, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros está contida nos anexos desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados nos anexos desta orde e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados nos anexos desta orde. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas aplicarase o disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Para cada un dos ficheiros detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Nos anexos aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados ou modificados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Modificación de ficheiros.

Para dar cumprimento á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, publicáronse a Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG número 212, do 7 de novembro) e a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo (DOG número 23, do 2 de febreiro). A evolución da actividade administrativa supuxo a modificación dos ficheiros detallada no anexo II.

Artigo 8. Supresión de ficheiros.

No anexo III desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable destes ficheiros establece no citado anexo o destino que se vai dar aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derrogatoria. Quedan derrogadas a Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo.

Disposición derradeira. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

1. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións, premios; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalle de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outros tipos de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Alto

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Á Axencia Tributaria

Ao Consello de Contas da Xunta de Galicia

Ás caixas e bancos que teñen acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal non docente da consellería, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal funcionario e laboral non docente que presta os seus servizos na consellería

Procedemento de recollida de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Administracións públicas

De entidades privadas: mutua de prevención de riscos laborais concesionaria do servizo de vixilancia da saúde

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo (DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura, imaxe, número rexistro, …)

Datos de características persoais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalle de emprego e de carreira administrativa

Datos económico-financeiros e de seguros

Outros datos para xestión laboral: saúde

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, …

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación

Outras administracións públicas

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Alto

Denominación do ficheiro

Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da consellería

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalle de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outros tipos de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Administracións municipais de Galicia

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia e centros públicos docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información da consellería

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia ou aos seus sistemas de información

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI/NIE/pasaporte, nome e apelidos, número rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura

Outros datos identificativos: matrícula

Datos de rexistro e traza de accións realizadas

Datos de permisos de accesos outorgados

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

ANEXO II
Ficheiros modificados

1. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica.

Denominación do ficheiro

Albala

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión integral dos fondos documentais e dos procesos técnicos dos fondos documentais e dos procesos técnicos dos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Usuarios do sistema-persoas físicas e xurídicas produtoras dos fondos documentais

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, enderezo, teléfono

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos académicos e profesionais

Datos de emprego

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

Campos modificados e causa

Modifícase o responsable do ficheiro

Denominación do ficheiro

Alumnado

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Realización dos procesos selectivos iniciais e xestión dos datos académicos do alumnado do sistema educativo galego

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Estudantes

Solicitantes

Representantes legais

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación

Outras administracións públicas

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono, imaxe

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Alto

Campos modificados

Modifícase o responsable do ficheiro

Denominación do ficheiro

Profesorado

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal docente de centros de ensino públicos e privados: xestión e control do proceso selectivo e de habilitación para o acceso ao ensino, xestión das listas de contratación temporal, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión da formación e servizos ao persoal docente

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal docente de centros de ensino públicos e privados

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación

Outras administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono, imaxe

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas

Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións

Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo

Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional

Outros datos: pegada dixital

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Centros privados concertados da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Alto

Campos modificados

Modifícase o responsable do ficheiro

Denominación do ficheiro

Avaliación do sistema educativo

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos plans e probas que se realizan para contribuír a mellorar a calidade e equidade da educación, orientar as políticas educativas, aumentar a transparencia e eficacia do sistema educativo e ofrecer información sobre o cumprimento dos obxectivos e compromisos educativos adquiridos ou fixados

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Alumnado e as súas unidades familiares

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Unidade familiar

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos

Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas

Datos de circunstancias sociais

Datos económicos

Datos de detalle de emprego

Datos académicos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

Campos modificados

Modifícase o responsable do ficheiro

Denominación do ficheiro

Bolsas de emprego

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das bolsas de emprego dos centros docentes

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Alumnado actual e anterior do centro

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo (DNI/NIF/NIE/pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura, imaxe, número rexistro, …)

Datos de características persoais

Datos económicos financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalle de emprego

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Ofertantes de emprego

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo de San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Nivel do ficheiro

Básico

Campos modificados

Modifícase o responsable do ficheiro

ANEXO III
Ficheiros suprimidos

1. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións informativas coa cidadanía e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal da Secretaría, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal laboral e funcionario que presta os seus servizos na Secretaría

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Recursos Humanos da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais...

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Actividades dirixidas á cidadanía da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da consellería

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Rexistros da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura e Turismo

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Seguridade e control de acceso da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

2. Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións informativas coa cidadanía e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal non docente da consellería, mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal laboral e funcionario que presta os seus servizos na consellería

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Recursos Humanos da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais ...

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Actividades dirixidas á cidadanía da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da consellería

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 26 de outubro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Rexistros da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia e centros públicos docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información da consellería