Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2012 pola que se emprazan aos interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 52/2012, instado por Juan Carlos Sánchez Temprano contra a resolución desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31.3.2011 do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña remitiu a esta Administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 52/2012, instado por Juan Carlos Sánchez Temprano ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña contra a resolución desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31.3.2011 do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data e, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo