Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 13 de marzo de 2012 pola que se notifica aos interesados que se indican liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO-83/450 conta 14.

Nome: Adolfo Rodríguez García e comunidade hereditaria de María del Carmen Rodríguez García.

Último domicilio coñecido: rúa Torrecedeira, n º 73, 7.º B, Vigo.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interpoñerse ningún recurso.