Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de marzo de 2012 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados por retirada de furgoneta fundida na dársena de San Pedro de Visma.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia a Begoña Salazar Conchado, con DNI 32699391-S, como propietaria do vehículo furgoneta Ford Transit, con matrícula C-4950-BM, a reclamación dos custos ocasionados pola retirada e traslado ao porto de Sada do vehículo citado, fundido na dársena do porto de San Pedro Visma, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no ultimo domicilio coñecido sito na estrada de Catabois, 1, 15405 Ferrol (A Coruña).

O importe dos custos derivados das operacións de retirada e traslado da furgoneta, executados de maneira subsidiaria por razóns de urxencia o día 29 de novembro de 2011, ascende á cantidade de dous mil douscentos corenta e dous euros (2.242 €), IVE incluído.

A reclamación efectúase ao abeiro do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios do 12 de xuño de 1976, e dos artigos 96, 97 e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na súa virtude, requírese a Begoña Salazar Conchado, con DNI 32699391-S, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de dous mil douscentos corenta e dous euros (2.242 €), IVE incluído.

Para o pagamento da dita cantidade deberá empregarse o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia sitos en Área Central, praza de Europa, portal 5-A, de Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.

De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado, esta será exixida pola vía de constrinximento.

O expediente completo encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

A reclamación que efectúa a Dirección do ente público e que ten eficacia executiva non esgota a vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia