Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11847

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Roberto Vilas.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Roberto Rivas, dítase esta resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a seguir:

Feitos.

1. Roberto José Rivas Martínez, presidente do Padroado, formulou solicitude de clasificación e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Roberto Rivas foi constituída en escritura pública outorgada en Madrid, o 21 de decembro de 2011, ante o notario Carlos Ruíz-Rivas Hernando, co número de protocolo 2.658, por Roberto José Rivas Martínez, que actúa no seu propio nome e dereito.

3. A Fundación Roberto Rivas ten por obxecto, segundo establece o artigo 5 dos estatutos, o fomento da economía produtiva galega a través de todo tipo de actividades e manifestacións, mediante a investigación científica nos ámbitos industriais, agrícolas, gandeiros e forestais, incluso biolóxicos e farmacolóxicos que coadxuven ao fomento da saúde.

A fundación poderá, así mesmo, sen carácter exclusivo, nin principal, dirixir a súa actividade á conservación e restauración de inmobles e obxectos mobles de interese artístico, histórico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, documental e bibliográfico, xacementos e zonas arqueolóxicas, así como sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico e a promoción da cultura galega nos seus diversos ámbitos.

4. Na escritura de constitución constan os extremos relativos á personalidade do fundador; a súa capacidade e vontade de constituír a fundación conforme os preceptos da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

5. Nos estatutos da fundación consta a denominación e natureza; o domicilio, o obxecto e a finalidade, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficios e a designación do Padroado inicial.

6. O Padroado inicial da fundación está formado por Roberto José Rivas Martínez, como presidente; María Eugenia Espinosa de los Monteros y Ortiz de Zeballos, como vicepresidenta; e Javier Torrico y Torrico, como vogal secretario.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías elevoulle ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a proposta de clasificación como de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia da Fundación Roberto Rivas, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, o protectorado será exercido pola Consellería de Economía e Industria.

8. De conformidade coa dita proposta, mediante a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 17 de febreiro de 2012, clasificouse como de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia a Fundación Roberto Rivas e adscribiuse á Consellería de Economía e Industria para os efectos do exercicio das funcións do protectorado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral e o artigo 27.26.º do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, correspóndelle a Consellería de Economía e Industria a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Roberto Rivas, así como o exercicio das funcións do protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións e interese galego, no Decreto 14/2006, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, da mesma data, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía e Industria, da Fundación Roberto Rivas, polo que

RESOLVO:

1. Declarar de interese galego a Fundación Roberto Rivas.

2. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía e Industria.

3. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, así como na demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como da presentación anual da documentación contable e do plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería de Economía e Industria.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas o do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria