Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 1996/301).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente 17-local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: modificado do proxecto L.M.T., C.T. 50 kVA Portofranco.

Situación: polígono industrial do Acevedo, Cerceda.

Características técnicas:

– L.M.T. soterrada a 20 kV, de 256 metros de lonxitude, en condutor R.H.Z.1-20L-3 (1×150 mm2 Al), con orixe no C.S. Guntín (expediente IN617B 2007/188-1 e REIG 15/020404) e remate en novo apoio metálico tipo AC-FL 2000/22.

– L.M.T. aérea a 20 kV, de 156 metros de lonxitude, en condutor LA-30, con orixe en paso aerosoterrado proxectado no apoio metálico anterior e remate no apoio de formigón tipo H.V. 1000/15, en que se proxecta a instalación do novo C.T.

– Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, denominado Portofranco. Polígono industrial do Acevedo. Concello de Cerceda.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas, resolvo:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, estando as súas características axustadas en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña