Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO (2010/047/35).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente 2010/047/35 que se tramita por instancia de José Antonio López Núñez, en representación de Electrónica Noroeste Servicios Generales, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de empresa instaladora de sistemas de comunicación, que se instalará na parcela D-6 do polígono industrial de Bergondo deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Bergondo, 2 de marzo de 2012.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa