Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11829

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da oferta pública de emprego correspondente ao ano 2011.

Por Resolución da Alcaldía do 9 de marzo de 2012 apróbase a oferta pública de emprego correspondente ao ano 2011, que é a seguinte:

– Funcionario de carreira:

Praza: técnico de Administración xeral.

Número: 1.

Grupo: A1.

Nivel: 26.

Escala: Administración xeral.

Subescala: técnica.

– Persoal laboral fixo:

Praza: operario de servizos varios-condutor.

Número: 1.

Grupo: agrupacións profesionais.

Categoría: persoal de oficios.

Baiona, 12 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde