Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11758

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunican a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto pola Resolución do 23 de xaneiro de 2012, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro).

Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos, nas súas xefaturas territoriais e na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nas súas xefaturas territoriais e na páxina web desta consellería
(http://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/ -baremo listas abertas) as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivamente do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Elevar a definitiva a lista provisional de excluídos, publicada no anexo do Anuncio do 23 de febreiro de 2012 (DOG do 9 de marzo), coa excepción de M.ª Isabel Castiñeira Souto, DNI 34108957-A, Saida María Gelpi Rivero, DNI 34980436-N, e María del Mar Fernández López, DNI 33328369-N, que pasan a formar parte da listaxe definitiva de admitidos.

Terceiro. Contra estas puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos