Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (902/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 902/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Osorio Reibas contra a empresa Mopean Construcciones, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza con data do 8.11.2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante, Francisco Javier Osorio Reibas, e condeno a parte demandada, a entidade Mopean Construcciones, S.L. a lle aboar á parte demandante a cantidade de 2.299,30 euros, máis o 10% de mora.

Esta resolución notifícase ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 días, indicando que, para poder acceder ao recurso, a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social n.º de identificador 1589, aberta no Banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista e acreditar tamén ter depositado na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Mopean Construcciones, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado