Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (903/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 903/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Quintas Martínez contra a empresa Mopean Construcciones, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza, con data do 8.11.2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante Marcos Quintas Martínez, condenando a parte demandada entidade Mopean Construcciones, S.L., a aboar á parte demandante a cantidade de 5.182,75 euros, mais o 10% de demora.

Esta resolución notifícaselles ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días, e indicando que, para poder acceder ao recurso a demandada, deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social n.º identificador 1589, aberta no Banco Banesto a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén depositar na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Mopean Construcciones, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

O secretario xudicial