Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de marzo de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador (S-2011/036-P), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 30 de agosto de 2011, acordou a incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade número S-2011/035-LU, aos herdeiros de Ramón Vinicio Lago Rodríguez, pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Abrela, Suegos, termo municipal do Vicedo (Lugo).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade, por ser un acto de trámite, non cabe recurso ningún, podendo os interesados, unicamente, segundo o artigo 107 da Lei 30/1992, alegar a súa oposición a este para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación de resolución aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística