Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica a resolución de aceptación de renuncia e reintegro do percibido indebidamente no expediente 27/00997/06, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios, do interesado Antonio Gómez Barro.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de aceptación de renuncia e reintegro do percibido indebidamente no expediente 27/00997/06, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

A dita resolución é firme en vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o establecido nos artigos 10.1.a) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

– Procedemento: expediente de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios.

– Interesado: Antonio Gómez Barro.

– Acto de notificación: resolución de aceptación de renuncia e reintegro do percibido indebidamente.

– Último enderezo coñecido: Pascal, Irixoa, s/n, 27837 Muras.