Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao Concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Delmiro Souto Cruces.

Último enderezo coñecido: praza de Moledo n.º 2, 36214 Vigo (Pontevedra).

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por M.ª Teresa Fernández Barcia contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que o afecta.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, poderá vostede alegar todo o que considere conveniente. No caso de que non se reciba contestación pola súa parte, entenderase a súa completa conformidade coa modificación.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará ao seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 47 68.

Modificación que se propón:

1. Eliminar o camiño público que se proxectaba polo leste do predio n.º 908 do polígono 13 do acordo.

2. Trazar un camiño público de 2 m de largo para dar acceso aos predios n.º 909 (do propietario n.º 805) e 906 (do propietario n.º 920) sen que se modifiquen as súas superficies nin os seus valores en puntos.

Xúntanse planos de antes e despois.