Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (319/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 2 de marzo de 2012, no proceso seguido por instancia de José Ángel Rodríguez Villamarín e outros catro máis contra as empresas Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e T.G. Maquinaria y Distribuciones G., S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 319/2011, se acordou notificar ás empresas Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e T.G. Maquinaria y Distribuciones G., S.L. a seguinte sentenza:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por José Ángel Rodríguez Villamarín, Juan Ramón Fila Sánchez, Jesús Vázquez Sánchez, Iván Manuel Presedo Sánchez e José Candal Gómez contra as empresas Maquinaria Heilderberg Ocasión, S.L. e T.G. Maquinaria y Distribuciones G., S.L., declaro improcedentes os despedimentos de que foron obxecto o 21 de febreiro de 2011 e declaro extinguidas as súas relacións laborais con data desta sentenza, condenando a ambas as empresas solidariamente a indemnizalos pola extinción coas seguintes cantidades:

a) Vinte e un mil catrocentos corenta e dous euros e trinta e un céntinos (21.442,31 €) ao Sr. Rodríguez Villamarín.

b) Catorce mil setecentos setenta e cinco euros e trinta e sete céntimos (14.775,37 €) ao Sr. Fila Sánchez.

c) Vinte e cinco mil cincocentos setenta e cinco euros e sesenta e catro céntimos (25.575,64 €) ao Sr. Vázquez Sánchez.

d) Vinte e sete mil novecentos trinta e tres euros e sesenta e sete céntimos (27.933,67 €) ao Sr. Presedo Sánchez.

e) Dezasete mil setenta euros e sete céntimos (17.070,07 €) ao Sr. Candal Gómez.

E con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, que ascenden a:

a) Dezaoito mil dezaoito euros e setenta e cinco céntimos (18.018,75 €) ao Sr. Rodríguez Villamarín.

b) Dezaoito mil dezaoito euros e setenta e cinco céntimos (18.018,75 €) ao Sr. Fila Sánchez.

c) Dezaoito mil cento trinta e oito euros e setenta e cinco céntimos (18.138,75 €) ao Sr. Vázquez Sánchez.

d) Dezaoito mil cento trinta e oito euros e setenta e cinco céntimos (18.138,75 €) ao Sr. Presedo Sánchez.

e) Catorce mil cento sete euros e cincuenta éntimos (14.107,50 €) ao Sr. Candal Gómez.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación á empresa Prefabricados Sada, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado