Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11129

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (495/1999).

Margarita Caloto Goyanes, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, por medio do presente anuncio, fai saber que no procedemento de menor contía número 495/1999 se ditou a sentenza co seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza 240/2010.

Vigo, 19 de novembro de 2010.

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, vistos estes autos de xuízo de menor contía en exercicio da acción negatoria da servidume, seguidos neste xulgado co número 495/1999, por instancia de Conservas del Atlántico, S.L., representada polo procurador Francisco Javier Toucedo Rey e defendida polo letrado Francisco Crusat López, contra os demandados entidade Azero Inversión, S.L., representada polo procurador Manuel Castells López e defendida polo letrado José Manuel Nieto Ramilo, e a entidade Spanish Trading Company, S.L., David Rodríguez Reigosa, Francisco Pena Romero, entidade Fernando Lara Ortiz de la Torre, S.L., Ángel Antonio Gago Bacelar, Carmen González Martínez, María Jesús Redondo González, José Luis Palmás Piñeiro, Ignacio Albo Quiroga, José Pinal Godas, Álvaro Fernández Crespo, Leonor María Dolores Braña Castromán, Benigno Lorenzo Fernández, Obdulia Pilar Reza Castiñeiras, Serafín González Fernández, Josefa Díaz Castro, Lingrid Guijo Müller e María Lourdes García Méndez, representados todos eles polo procurador Félix Hombría Gestoso e defendidos polo letrado Rubén González Rodríguez, aos cales se acumulou o procedemento ordinario que se seguía no Xulgado de Primeira Instancia número 11 desta cidade de Vigo co número 1042/2003, nos cales é parte demandante Conservas del Atlántico, S.L., representada polo mesmo procurador Francisco Javier Toucedo Rey e defendida polo mesmo letrado Francisco Crusat López, contra os demandados Pablo Diz Pascual, María Teresa Mourín González, María Isabel Rivera Fernández, Benjamín González Portela, Andrés González Rivera, Jorge González Rivera, María Concepción Iglesias Avión, Miguel Casal Trigo, Antonio Jesús Ogando Iglesias, Palmira Hernández Calvo, Alberto González González, María Josefa Rodríguez Lago, Eduardo Constante Yáñez Rey, María Elisa Ventín Ventín, Dolores Barreiro Otero, María Luisa Gómez Fernández, Asdrúbal García Fernández e Leopoldo García Méndez, representados todos eles polo procurador Félix Hombría Gestoso e defendidos polo letrado Rubén González Rodríguez, e contra Jesús Fernández Barreiro, falecido, polo que se dirixiu a demanda contra os seus fillos José Manuel Fernández Barreiro e Teresa Fernández Barreiro, que foron declarados en rebeldía procesual xa que presentaron o seu escrito de contestación fóra de prazo por medio do procurador Félix Hombría Gestoso. Son tamén demandados María Susana Ferreiroá Castro, Eloy Fernando Mourenza Vázquez, Josefina García López, Cándido Guillén Blanco, Jorge Albano Marcote Ríos e todas aquelas persoas descoñecidas e incertas as cales puider afectar o procedemento, declarados todos eles en rebeldía procesual, dita a sentenza con base nos seguintes.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda presentada polo procurador Sr. Toucedo en representación de Conservas del Atlántico, S.L. contra Azero Inversiones, representada polo Sr. Castells, contra Spanish Trading Company, S.L. e outros, representados polo procurador Sr. Hombría Gestoso, e contra María Susana Ferreiroá Castro, Eloy Fernando Mourenza Vázquez, Josefina García López, Cándido Guillén Blanco, Jorge Albano Marcote Ríos e todas aquelas persoas descoñecidas e incertas as cales puider afectar o procedemento, todos eles declarados en rebeldía procesual, con imposición de custas á parte demandante.

Notifíquese ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acordo, mando e asino. Asinada e rubricada. Ana María Barral Picado. Segue sinatura e rúbrica».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Josefina García López, Jorge Albano Marcote Ríos e todas aquelas persoas descoñecidas e incertas as cales puider afectar o procedemento, expídese esta cédula para que lles sirva de notificación.

Vigo, 9 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado