Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial L.A.T. 132 kV D/C subestación Mondoñedo-subestación Boimente e ampliación subestación Mondoñedo, declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xaneiro de 2006.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 26 de xaneiro de 2006, declarar o proxecto sectorial modificado da L.A.T. 132 kV D/C subestación Mondoñedo-subestación Boimente, promovido pola empresa E.ON Distribución, S.L. (anteriormente nomeada Electra de Viesgo Distribución, S.L. antes da modificación da súa denominación social mediante escritura notarial do 17 de xullo de 2008), como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 24 de abril de 2008, aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de referencia, facéndose público o devandito acordo por Resolución do 30 de abril de 2008, publicada no DOG do 16 de maio.

Con data do 22 de xaneiro de 2010, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza estimando o recurso interposto contra a mencionada Resolución do 30 de abril de 2008, anulando a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de referencia, e ordenando a retroacción do expediente, polo que, con data do 17 de outubro de 2011, a empresa E.ON Distribución, S.L. presenta ante a Consellería de Economía e Industria o proxecto sectorial L.A.T. 132 kV D/C subestación Mondoñedo-subestación Boimente e ampliación subestación Mondoñedo, e solicita a súa aprobación definitiva.

Por tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma, e de audiencia aos concellos afectados polo plan ou proxecto,

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial L.A.T. 132 kV D/C subestación Mondoñedo-subestación Boimente e ampliación subestación Mondoñedo, declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xaneiro de 2006, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examinaren o proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo e nos concellos de Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol e Viveiro (Lugo), e presentaren ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas