De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2.º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
Lugo, 13 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN635B 2011/54-2.
Interesada: Arroz y Cocina de Autor, S.L.
Último domicilio coñecido: Concepción Arenal, 11-4.º B, Lugo.
Acto notificado: trámite de audiencia.