Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.
Denominación: modificado de proxecto nova L.M.T.S. da subestación de Magazos L.M.T., Viveiro 3.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas:
– L.M.T.S. a 20 kV Viveiro 3, con orixe na subestación de Magazos e final nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Super Claudio), cunha lonxitude de 2.742 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.
– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Super Claudio) e final nun empalme coa liña existente que alimenta o C.T. Adosados Paraíso, cunha lonxitude de 415 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.
– Adecuación do C.T.C. 14415 (Super Claudio), consistente na instalación de dúas celas de liña para a conexión das L.M.T. proxectadas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo