Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.
Denominación: reforma en saídas da subestación Magazos, L.M.T. Covas e L.M.T. centrais.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas:
• L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña da subestación de Magazos e final nunha conversión aéreo a subterránea que se vai instalar nun apoio de celosía existente na L.M.T. centrais, cunha lonxitude de 1.135 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo