Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (884/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 884/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta María Dono Grela contra a empresa World Learning Software, I.T.C., e Intermediarios Coruña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o 29 de febreiro de 2012.

Vistos por Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 desta cidade da Coruña, os autos número 884/2011 promovidos en reclamación sobre despedimento, por instancia de Marta María Dono Grela, representada polo letrado Sr. Fernández Veiga, contra a empresa Intermediarios Coruña, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a pretensión subsidiaria da demanda deducida por Marta María Dono Grela, con DNI 32811065-R, contra a empresa Intermediarios Coruña, S.L., en procedemento por despedimento, debo declarar o despedimento da dita demandante como improcedente, e condeno a empresa Intermediarios Coruña, S.L., a que readmita inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral, satisfacendo neste último caso á demandante a indemnización de 2.381,28 euros.

A dita opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno, así mesmo, a parte demandada a que satisfaga á parte demandante os salarios de tramitación devengados desde o 30.8.2011 á de notificación desta sentenza, atendendo ao salario regulador diario de 13,23 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0884 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0884 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz substituto que a subscribe, tendo lugar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación a World Learning Software, I.T.C., e Intermediarios Coruña, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

O secretario xudicial