Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10577

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para a instalación de centro loxístico de transportes.

Daniel López Canto solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de centro loxístico de transportes na rúa das Costureiras, parque empresarial IN-F, rueiro F, parcela 8.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, a fin de que durante este, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poida ser examinado o expediente no servizo de licenzas polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 24 de febreiro de 2012.

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo