Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO polo que se publican as bases referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 49, do 29 de febreiro de 2012, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover dúas prazas de administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Publicaranse, así mesmo, as bases xerais que regulan o proceso selectivo na páxina web http://www.boveda.gob.es

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do concello.

Bóveda, 6 de marzo de 2012.

José Manuel Arias López
Alcalde presidente