Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO sobre delimitación do núcleo rural de Valdegodos.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse a información pública o expediente iniciado neste concello por instancia de Albino Real López, de delimitación de núcleo rural de Valdegodos, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Vilamartín de Valdeorras, 5 de marzo de 2012.

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde