Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificación de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000641-5 e PESAN1 2011/000730-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000641-5.

Denunciado: Manuel Alejandro Cabrera.

DNI: X7311079.

Enderezo: rúa Santa Teresa de Jesús Jornet 14 - 1.º B. Pontevedra.

Precepto infrinxido: 37.B.2, 137.B.14.

Sanción: 880 euros.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución contra a cal se recorreu.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000730-5.

Denunciado: Fernando Gómez Ogando.

DNI: 52494196P.

Enderezo: A Graña, 40. Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.19.

Sanción: 300 euros.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución contra a cal se recorreu.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), o importe de devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpre os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 9 de marzo de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra