Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012028TA-PO, incoado por infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Con data do 2 de febreiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2012028TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Bandia Brito López, con DNI: 44081453K, como titular do establecemento Bar Jarcha.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Bandia Brito López, como titular do establecemento Bar Jarcha, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1.º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de marzo de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012028TA-PO.

Denunciado/a: Bandia Brito López, con DNI: 44081453K, como titular do establecemento Bar Jarcha.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Teresa de Jesús Jornet, núm. 22-baixo, 36004 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4.d, conforme o que, para garantir o uso correcto destas máquinas, deberán incorporar os mecanismos técnicos adecuados que permitan impedir o acceso aos menores de idade.

Tipificación: unha infracción tipificada como grave no artigo 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601€).