Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012030AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de febreiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2012030AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Cárnicas da Paradanta, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Cárnicas da Paradanta, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avda. Fernández Ladreda, número 43-1.º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 2 de marzo de 2012.

Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Número do expediente: 2012030AL-PO.

Denunciada: Cárnicas da Paradanta, S.L., con CIF B36277259.

Último domicilio coñecido: A Madalena, s/n, Darbo, 36940 Cangas.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 2, punto 2.2, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 3 e 5, capítulo I, puntos 1 e 2, e capítulo II, punto 1.a) e d), do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 14 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).