Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

EDICTO de información pública sobre solicitude de licenza de apertura de almacén e taller de maquinaria agrícola.

Manuel Camiña Latorre solicita desta Alcaldía licenza municipal para a apertura de almacén e taller de maquinaria agrícola, que se situará no lugar de Estación-Portas.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que consideren oportunas.

Portas, 14 de febreiro de 2012.

Roberto Vázquez Souto
Alcalde