Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Porto do Son, na sesión plenaria ordinaria do 27.2.2012, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, por medio do presente anuncio sométese o PXOM con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, ás consultas previstas no documento de referencia e ao trámite de información pública, durante o prazo de dous meses; prazo que se computará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Durante o devandito período de información pública quedará o expediente nas dependencias do Concello de Porto do Son, á disposición de calquera que queira examinalo para que poida formular as alegacións que estime pertinentes. Tamén poderá consultarse na páxina web do Concello de Porto do Son (www.portodoson.org).

Así mesmo, faise constar a suspensión do outorgamento de licenzas naquelas zonas do territorio onde o PXOM aprobado inicialmente prevexa novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do PXOM.

Porto do Son, 28 de febreiro de 2012.

José Luis Oujo Pouso
Alcalde presidente