Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador CENSAN 36/2011/003, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de xaneiro de 2012, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador CENSAN 36/2011/003 incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra Disuei, S.L., con CIF: B-36994549, como entidade titular do Centro Dental Bosane.

Intentada a notificación desta resolución, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Disuei, S.L., titular do establecemento Centro Dental Bosane, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, número 43, 1.º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCGBanco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: CENSAN 36/2011/003.

Denunciada: Disuei, S.L., con CIF B-36994549, como entidade titular do Centro Dental Bosane.

Último enderezo coñecido: Camiño Pedrosa, número 19, baixo. 36216 Teis, Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade: artigo 35. Infraccións sanitarias. Tipifícanse como infraccións sanitarias as seguintes: B) Infraccións graves: 1.ª) As que reciban expresamente a dita cualificación na normativa especial aplicable en cada caso.

– Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, artigo 42 a): «O exercicio ou desenvolvemento de actividades sen a correspondente autorización ou rexistro sanitario preceptivo, ou transcorrido o seu prazo de vixencia, así como a modificación non autorizada pola autoridade competente das expresas condicións técnicas ou estruturais sobre as cales se outorga a autorización correspondente».

– Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, artigo 21.3 a): «O desenvolvemento de actividades sanitarias por un centro, servizo ou establecemento sen obter as autorizacións administrativas correspondentes, ou sen ter as titulacións axeitadas de acordo co establecido neste decreto, cando ocasionen alteración ou risco sanitario aínda que sexan de escasa entidade».

Tipificación: unha infracción tipificada como grave no artigo 36.1.b) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: seis mil dez con catorce euros (6.010,14 €).