Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido notificar por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos. O seu número cítase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández. Poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Reglamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG número 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º de expt.

Precepto

infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Mar Ribadeo, C.B.

E-27166917

LU-E 3/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Galicia, s/n, Ribadeo

Ata 150 €

Basilisa-Milagros Rodríguez Bello (Mesón Núñez)

10001987-T

LU-E 4/12

26.e) LO 1/1992

R/ Ramón Cabanillas (edificio Alborada, baixo), Sarria

Ata 90 €

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 5/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Galicia, n.º 8 baixo, Ribadeo

Ata 300 €

Aduana Meeting

B-27294990

LU-E 6/12

26.e) LO 1/1992

R/ Antonio Rosón, n.º 2 baixo, Lugo

Ata 90 €

Pub Chart (Isabel Sangiao Comba)

33536003-W

LU-E 10/12

26.e) LO 1/1992

Avda. da Coruña, Guitiriz

Ata 90 €