Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

Subministración e instalación de tres aulas CeMIT, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80% de cofinanciamento).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 234, do 9 de decembro de 2011.

2. Orzamento base de licitación: trescentos dez mil euros (310.000,00 €), IVE incluído.

3. Adxudicación.

a) Data: 1 de marzo de 2012.

b) Contratista: Gallega de Sistemas y Telecomunicaciones, S.L.

c) Importe da adxudicación: 289.737,52 euros (IVE incluído).

4. Data de formalización do contrato: 7 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios