Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-221/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e o Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro de 1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, 79-2.º de Ourense.

Ourense, 9 de marzo de 2012.

Luís Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-221/11.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

NIF: B32329054.

Establecemento: “Q + DA”.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, n.º 25, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 2.400 euros.