Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Autónomos de Galicia-Audegalia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Autónomos de Galicia-Audegalia, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a representación dos intereses de todas as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas de Galicia, sexa cal sexa o sector produtivo en que desenvolvan as súas actividades económicas e/ou profesionais, así como de todas aquelas asimiladas a elas polas leis.

Ámbito funcional: poderán asociarse todas aquelas persoas traballadoras autónomas que realicen de forma habitual, persoal e directa, por conta propia e fóra do ámbito de organización e dirección dun terceiro, unha actividade económica e profesional, incluíndo todas aquelas asimiladas a las polas leis.

Asinantes da acta de constitución: Juan Luis Pérez Miramontes, Juan Antonio Pérez Sánchez Orozco, Isabel Manzano Maceira, Eva Verde Pena, Manuel Iglesias Noya, Antonio de María Rodríguez Losada, Francisco Negreira del Río e Lidia Casais Giadáns.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego