Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión dun servizo público de explotación da residencia de maiores e centro de día de alzhéimer de Bembrive, na modalidade de concesión.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.A.32/2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público de explotación da residencia de maiores e centro de día de alzhéimer de Bembrive, na modalidade de concesión.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.605.951,06 € (IVE incluído).

1.5. Formalización.

a) Data: 23.1.2012.

b) Contratista: Geriatros, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 7.744.993,20 € (IVE incluído).

2. Contratación da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centro residencial, na área social AS5 de Pontevedra, (e subsidiariamente, para o suposto de que non se cubran todas as prazas na AS5, faríase extensiva a concertación ás áreas sociais máis próximas a AS5; AS7; AS6; AM3; AU7, AM4) para persoas maiores dependentes.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.A.34/2011.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en centro residencial, na área social AS5 de Pontevedra, (e subsidiariamente, para o suposto de que non se cubran todas as prazas na AS5, faríase extensiva a concertación ás áreas sociais máis próximas a AS5; AS7; AS6; AM3; AU7, AM4) para persoas maiores dependentes.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

2.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.829.027,78 € (IVE incluído).

2.5. Formalización.

a) Data: 1.2.2012.

b) Contratista: Viajes Silgar, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 5.096.066,38 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2011.

P.D. (Orden 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar