Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Xesteira 5069.2.1, titularidade das sociedades Granimondi, S.A. e Granitos Tebra, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás sociedades Granimondi, S.A. e Granitos Tebra, S.L., con último enderezo coñecido no Polígono Industrial A Cañiza, 36880 A Cañiza, Pontevedra, como titulares, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Xesteira 5069.2.1, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, por expiraren os prazos polos que foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas, xa que intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 7 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense