Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de contratación, mediante procedemento aberto, do control, mantemento e explotación da área termal de Outariz e Burga de Canedo, incluíndo a explotación dun quiosco bar, contrato reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral.

En cumprimento do disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato administrativo especial:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Número de expediente: ref. 2175.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, do control, mantemento e explotación da área termal de Outariz e Burga de Canedo, incluíndo a explotación dun quiosco bar, contrato reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral.

c) Medio de publicación del anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

d) Fecha de publicación del anuncio de licitación: BOP número 240, do 22 de outubro de 2011, e DOG número 202, do 21 de outubro de 2011.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de xaneiro de 2012

b) Data de formalización: 22 de febreiro de 2012.

c) Contratista: Aspanas Termal, S.L.U.

d) Canon de adxudicación: canon anual de 25.000 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada cumprindo a dita oferta coas prescricións mínimas do prego.

Ourense, 27 de febreiro de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde