Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 10, 11 e 12 do parque empresarial de Santa Comba, de iniciativa privada, promovido por Xestur A Coruña, S.A.

Aprobado con carácter inicial pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2012, o estudo de detalle das parcelas 10, 11 e 12 do parque empresarial de Santa Comba, de iniciativa privada, promovido por Xestur A Coruña, S.A., redactado por Manuel Fernández Rodríguez, fáise público ao abeiro do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e do artigo 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Primeiro. Someter a información pública esta aprobación inicial mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior tirada da provincia e no taboleiro de anuncios deste concello, durante o prazo de 20 días que comezarán a contarse desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Notificar persoalmente aos propietarios incluídos dentro do ámbito do estudo de detalle.

Santa Comba, 24 de febreiro de 2012.

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde