Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre venda de material eléctrico en Rubiáns.

O Grupo Electro Stocks, S.L., entidade representada por Fco. José Joaquín Schroder, solicitou licenza municipal de actividade para venda de material eléctrico, que se instalará na rúa Barbeitos, 7, Rubiáns. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que estean afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 22 de febreiro de 2012.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente