Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre instalación de actividade para tratamento de aceites usados no polígono industrial Río do Pozo.

Reciclados y Fluidos Sólidos, S.L. solicitou nesta Alcaldía unha licenza municipal para instalación de actividade para tratamento de aceites usados na parcela X-6 do sector IV-polígono industrial Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 1 de febreiro de 2012.

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral