Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1122/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1122/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Vázquez Mahía contra a empresa Texdigital, S.L., administración concursal de Texdigital, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Ángel Vázquez Mahía, con DNI: 79318874-Q, contra a empresa Texdigital, S.L. e os seus administradores concursais, e cualifico como improcedente o despedimento tácito con data do 28 de setembro de 2011 e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, 24 de febreiro de 2012. E condeno a empresa a se ater a esta declaración e a que lle aboe ao Sr. Vázquez as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite (28.9.2011-24.2.2012)

3.460, 35 euros

8.142 euros

(63,75 días. 54,28 €/día)

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta no Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Texdigital, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado