Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9903

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Pola Orde do 3 de novembro de 2011 convocouse concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Procede agora facer pública a adxudicación provisional de destinos obtidos neste concurso de traslados. Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. En virtude desta resolución provisional de concurso de traslados, adxudicar destino provisional aos catedráticos, inspectores e profesores que figuran no anexo I nas sedes ou nos centros que alí se especifican.

Segundo. Publicar a relación de excluídos no anexo II polas causas que se indican.

Terceiro. Segundo o establecido na base décimo primeira, número 2, da Orde do 3 de novembro de 2011 pola que se convocou o concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idomas, catedráticos de música e artes escénicas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación, será requisito imprescindible, nas especialidades de xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica e en todas as especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional, estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4), superar o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou superalo a través de proba libre. Para estes únicos efectos entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, ou no acceso ao corpo de catedráticos. Este requisito debe reunilo e acreditalo ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de reclamacións e renuncias.

Cuarto. Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimo oitava da orde do 3 de novembro de 2011, cabe reclamación no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para reclamacións.

Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

Quinto. As reclamacións e renuncias poderanse presentar en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no centro de destino sempre que, ademais, se remitan por fax, dentro do prazo establecido, ao servizo de profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais; número de fax 981 54 54 84.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
(Excluídos)

Apelidos e nome

DNI/NIF

Causa

Barba González, Francisco

32437136Y

1

Blanco López, María Jesús

33306347R

1

Corral Muñiz, Pilar

33846818H

1

Diéguez González, Carmen

34952871R

1

Pascual Carnicero, Antonia

16792421Y

1

Pérez Vázquez, Carolina

44448502J

2

Prieto Cendán, María Luisa

33312640S

1

Ramos Lista, Fernando

33204979V

1

Rodríguez Cascante, Ana Isabel

10064487D

1

Causa:

1. Solicitude sen peticións de centros, sendo funcionario con destino definitivo.

2. Non ter estado dous cursos con destino definitivo.