Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, que implica a necesidade de urxente ocupación, o estudo ambiental e a solicitude de acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica dunhas instalacións do Parque Eólico Edreira I, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/15-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública, por solicitude da empresa Puentengasa San Roque I, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico Edreira I.

Solicitante: Puentengasa San Roque I, S.L.

Domicilio social: estrada Estación s/n, Sigüeiro-Oroso, A Coruña.

Concellos afectados: A Lama.

Superficie afectada: 161 ha.

Situación (coordenadas en unidades UTM).

– Coordenadas da poligonal de delimitación:

V1 (549829.4, 4694546.7); V2 (549522.3, 4694290.4), V3 (549925.6, 4693807.1);

V4 (551032.1, 4693781.9); V5 (551386.1, 4694187.5); V6 (551485.5, 4694578.6);

V7 (551608.2, 4694849.9); V8 (552008.7, 4695241.5); V9 (552005.7, 4695409.4);

V10 (552505.8, 4695933.7); V11 (552216.3, 4696209.8); V12 (551696.3, 4695664.6);

V13 (551259.8, 4695050.1); V14 (551106.5, 4694711.4); V15 (551021.9, 4694378.5);

V16 (550853.9, 4694186.1); V17 (550550.0, 4693999.4);V18 (550000.0, 4694400.0).

– Coordenadas dos aeroxeradores:

ED01 549.804 4.694.265

ED02 550.021 4.694.005

ED03 550.943 4.693.984

ED04 551.204 4.694.283

ED05 551.296 4.694.645

ED06 551.434 4.694.950

ED07 551.851 4.695.537

ED08 552.223 4.695.927

Características técnicas do parque eólico:

– Oito aeroxeradores modelo Vestas 112, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

– Potencia total instalada: 24 MW.

– Produción neta anual estimada: 71.954 MWh/ano.

– Orzamento total: 22.522.398,19 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

– Oito transformadores de 3.450 kVA instalados no interior da góndola cunha relación de transformación 0,65/30 kV.

– Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.

– Subestación transformadora equipada con transformador de 20/25 MVA, relación de transformación 220/30 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

– Estudo ambiental.

– Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

– A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

– Declaración da instalación como de réxime especial de produción eléctrica.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial sita na avda. Fernández Ladreda n.º 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concello da Lama, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren convenientes dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Listaxe de propietarios do Parque Eólico Edreira I

Predios

 

 

Titular

Enderezo

Municipio

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

N.º
predio

Políg.

Parc.

Subestación eléctrica

Zapata de aeroxerador

Vías

Zanxas

Plataforma de montaxe

Concello da Lama 

1

10

516

mixto

Monte Fiadal

Descoñecido

A Lama

628,00

10.627,00  

11.350,00 

9.052,00

12.364,00

2

36

1089

mixto

Puzos de Carreiro

CMVMC de Xesta

Presidente: Francisco Couselo Castiñeiras

Xesta, 55 36863 A Lama

A Lama

628,00

4.250,00

6.250,00

9.052,00

12.364,00

3

35

923

mixto

Coto Grande

Descoñecido

A Lama

1.508,00

4

36

1088

mixto

Outeiro Calvo

CMVMC de Seixido

Presidente: Juan Carlos Piñeiro Teodosio

A Fentosa, 16 A Lama

A Lama

628,00

4.780,00

6.160,00

9.052,00

12.364,00

5

32

455

mixto

O Pousiño

CMVMC de Seixido

Presidente: Juan Carlos Piñeiro Teodosio

A Fentosa, 16 A Lama

A Lama

628,00

1.720,00

9.000,00

9.052,00

12.364,00

6

35

921

mixto

Outeiro Calvo

CMVMC de Seixido

Presidente: Juan Carlos Piñeiro Teodosio

A Fentosa, 16 A Lama

A Lama

3.000,00

5.840,00