Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Autoridad Portuaria A Coruña.
Domicilio social: avda. da Marina 3, 15001 A Coruña.
Denominación: proxecto eléctrico de novas instalacións portuarias Punta Langosteira.
Situación: O Portiño, Suevos, Arteixo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea en anel de 8,29 km de lonxitude; cable R.H.Z.1-12/20 kV-3 (1×240 mm2) Al, con arranque e remate en C.S. 15 CCKE de Gas Natural Fenosa. Un centro de distribución e medida e 3 CC.TT. con transformador de 630 kVA C/U, en aceite, relación 15/0,42 kV, en caseta prefabricada de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, praza Luís Seoane s/n, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
A Coruña, 9 de febreiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial