A xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria dá a coñecer que foi admitida a trámite, de acordo co R.D. 107/1995, do 27 de xaneiro, a solicitude da concesión de explotación Xardoal n.º 5175, de 4 cuadrículas mineiras, que se sitúa no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).
A designación do terreo é a seguinte:
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
1 |
06º 58’ 00” |
42º 26’ 40” |
2 |
06º 58’ 00” |
42º 27’ 20” |
3 |
06º 58’ 40” |
42º 27’ 20” |
4 |
06º 58’ 40” |
42º 26’ 40” |
A solicitude ampárase na reclasificación dos recursos que se viñan explotando na canteira n.º 136 Xardoal, pola que quedan comprendidos na sección C do artigo 3 da vixente Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo.
O que se fai público coa finalidade de que aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente no prazo de trinta días contados a partir da presente publicación, de conformidade co disposto no artigo 70 de Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25.8.1978.
Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.
Ourense, 13 de febreiro de 2012.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense