Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9824

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Rubiás, na parroquia de San Xoán de Ourantes, concello de Punxín (Ourense).

O Concello de Punxín remitiu o expediente de delimitación do núcleo rural de Rubiás, tramitado ao abeiro do número 2 da disposición adicional segunda da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUG) en que solicita a aprobación definitiva.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Punxín non dispón de ningún instrumento de planeamento xeral municipal.

2. O expediente foi tramitado de acordo co previsto no inciso terceiro do número 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 15/2004, e nel constan:

• O sometemento ao trámite de información pública, que se levou a cabo mediante a publicación de anuncios no DOG n.º 113, do 14.6.2011 e nos xornais La Región na data do 24.5.2011 e La Voz de Galicia na data do 24.5.2011.

• Certificación do secretario municipal do 18.7.2011 no que se reflicte que, rematado o prazo de información pública o 15.7.2011 presentouse unha alegación no devandito período.

• Certificado do acordo de aprobación provisoria, adoptado polo Pleno do Concello na súa sesión do 22.7.2011.

II. Consideracións e motivación.

Logo de analizar o expediente remitido polo Concello e á vista do informe subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre facer as seguintes consideracións:

1. No proxecto remitido queda xustificada a preexistencia e o recoñecemento do núcleo rural de Rubiás segundo o nomenclátor de entidades de poboación da provincia de Ourense (Decreto 332/1996, do 26 de xullo).

2. Á vista da ordenación aplicable, a delimitación proposta para o asentamento tradicional é admisible, xa que cumpre os requisitos establecidos no artigo 13.3 da Lei 9/2002. O réxime xurídico aplicable aos terreos incluídos na delimitación será o establecido pola Lei 9/2002 para o solo de núcleo rural; seralle igualmente aplicable, en todo aquilo que non vulnere nin vaia contra o devandito réxime xurídico, o contido da ordenanza do «solo non urbanizable de núcleo rural» das vixentes normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

3. De acordo co número 2 da disposición adicional segunda da LOUG (modificada pola Lei 15/2004), e a Orde do 11 de maio de 2009, sobre adscrición de órganos e delegación de competencias como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural corresponde á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución,

1. Visto canto antecede, apróbase definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de Rubiás, na parroquia de San Xoán de Ourantes, concello de Punxín (Ourense).

2. Contra a presente resolución non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, podendo interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se for o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese esta resolución ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file